segunda-feira, 16 de abril de 2012

Heteras, as outras


Como dicía Demóstenes: Temos heteras para o pracer, concubinas para o coidado diario do corpo e esposas para enxendrar fillos lexítimos e tomar conta das cousas da casa. Desas "outras", fermosas e estranxeiras, ou sexa, de fóra de Atenas, e das súas habilidades para conseguir amantes infórmanos o cómico Alexis:

En primeiro lugar, o único que lles interesa é a ganancia e estafar aos clientes. Todo o resto é para elas accesorio, e contra todos tecen enganos. Cando o negocio lles vai ben, contratan heteras novas, carne fresca para o oficio. Desde o primeiro momento “compóñenas” para que nin nas maneiras nin no aspecto sexan o que eran. Se unha é baixota, pónselle tacóns de cortiza nos zapatos. Se resulta ser alta, calza sandalia baixa e camiña coa cabeza apoiada no ombro, cousa que disminúe a altura. Que unha non ten traseiro, póñenselle unha nádegas falsas cosidas debaixo da túnica para facerlle un cu bo que cause asombro aos que a ven. Se unha é barriguda, póñenselle peitos coma os que usan os actores de comedia, de xeito que o vestido, ao colgar do peito, disimule a barriga. Se unha ten as cellas rubias, tínguenllas con carbón. Se unha é demasiado morena, maquíllana, pero se é excesivamente pálida dá colorete nas meixelas. Que unha ten un corpo fermoso, entón anda espida. A que ten unhos dentes bos cómpre que sorría para que os clientes vexan a súa marabillosa boca. Se non lle gosta sorrir, pasa o día pechada na casa cun pauciño de mirto metido entre os beizos, igual que fan os carniceiros cando queren vender as cabezas das cabras, para que co tempo, quiera ou non, acabe por sorrir.

Sem comentários:

Enviar um comentário