domingo, 22 de abril de 2012

(6) Gramática básica: o obxecto


Aquilo que recibe a “acción” do verbo é o obxecto, normalmente encontrámolo preguntado “que? a quen?”: ὁ Κλέαρχος ἔπαιον τοὺς στρατιώτας.
A quen lle pegaba Clearco? Obxecto:  τοὺς στρατιώτας “aos soldados”
O obxecto de verbo aparece en ACUSATIVO, XENITIVO ou DATIVO (na gramática que por aquí se estila fálase de Complemento Directo se vai en acusativo e de Suplemento se vai en xenitivo ou dativo). Dos verbos con acusativo ou transitivos non falarei porque son evidentes.
Con obxecto en xenitivo constrúense os verbos que significan lembrarse de, coidar de, participar de, comer/beber/tocar (unha parte) de, estar privado de, etc..., ou sexa máis ou menos os mesmos que nós construímos sempre coa axuda da preposición de, δέσποτα, μέμνησο τῶν Ἀθηναίων “Señor, lémbrate dos atenienses!”.
Con obxecto en dativo constrúense os verbos que significan unir, achegarse a, seguir a, parecerse a, etc..., ou sexa, os mesmos que nós construímos coa axuda da preposición a, φιλοσόφῳ ἔοικας, ὦ νεανίσκε “Mociño, pareces un filósofo!”
Moitos verbos constrúense con dous casos:
- con dous acusativos: οὐ τοῦτο σε ἐρωτῶ “Non che pregunto iso”.
- con acusativo e xenitivo: ἐπλήρωσε τὴν ὑδρίαν ὕδατος “Encheu a cántara de auga”.
- con acusativo e dativo: μωρία παρέχει ἀνθρώποις κακά “A necedade procura males aos homes”.
-con xenitivo e dativo: μετέχομεν ὑμῖν τῶν ἑορτῶν “Participamos convosco das festas”
Cando o obxecto só pode ser una palabra derivada do mesmo lexema que o verbo, como en “soñar un soño”, “camiñar un camino”, etc., aparece o adxectivo neutro plural en acusativo usado como adverbio: πόλις μεγάλα ζημιώσεται “A cidade pagará unha gran multa” (* a cidade será grande multada).
Cando o obxecto é un infinitivo, tradúcese por infinitivo ou coas conxuncións que ou para: ἔλεγον οὐκ εἶναι αὐτόνομοι “dicían que non eran autónomos”, οἱ στρατιῶται οὐκ ἐδύναντο καθεύδειν “os soldados non podían dormir”.

Sem comentários:

Enviar um comentário