domingo, 28 de julho de 2013

Orixes africanas da cultura

Segundo a teoría de Martín Bernal (Black Athena, 1987), as orixes da civilización grega estarían en Exipto e no mundo semítico (fenicios). Os antigos mitos parecen probar esta tese: Cadmo, que trouxo o alfabeto, era fenicio, as Danaides proceden de Exipto, Heródoto fala varias veces de influencias orientais.
Eu, pola miña banda e cos mínimos coñecementos de árabe que posúo, investiguei un pouco e atopei algunhas probas aparentes da orixe semítica dalgunhas palabras comúns e dalgúsn topónimos. Curiosamente se se consulta un dicionario de grego, este termos aparecen etiquetados como "de orixe descoñecida".

Velaquí algúns exemplos:

νέκταρ néctar(niqtar "viño perfumado")
φάσγανον puñal(psg "cravar"
βωμός altar (bamah "altar")
ἀμβροσία ambrosía (mbr "ámbar")
κόσμος universo (ksam "dividir")

Na toponimia aparecen paralelos máis evidentes:

Σᾶμος (samin "alto, elevado")
Θῆβαι(têbab "arca")
Μυκῆναι (mahaneh "campamento")
Μέγαρα (m'ar "cova")



Ligazón ao blogue ELLENIZO

Xa non está activo, no entanto contén unha morea de recursos e explicacións gramaticais e culturais do grego clásico. Unha ferramenta moi boa. Podes ver o seu enorme contido nas "Etiquetas" que están á esquerda da páxina: http://griegoclasico.blogspot.com.es/.


- Corre, Milú, que empeza a aula de grego!
- E logo poden entrar tamén os cachorros?