domingo, 22 de abril de 2012

Grico: o grego do Sur de Italia


Apesar de estar case en extinción, falan grico unhas 20.000 persoas, divididas en dúas comunidades en Salento (tacón da bota italiana) e en Calabria (punta da bota italiana). Posiblemente esteamos ante a supervivencia do grego antigo falado polos colonos da Magna Grecia que se asentaron a partir do séc. VIII a.C. Tamén é certo que, ao longo da historia, o grico recibiu influencias directas do grego bizantino e moderno. Sexa como for esta lingua e o grego moderno son perfectamente intelixibles. Para quen coñece un pouco o grego non deixa de ser sorprendente descubrir fenómenos fonéticos (palatalización "che" da conxunción καί, labialización "evo" de ἐγώ, etc.) así como léxico de orixe latina "helenizado": penseo, fenestra, etc. Deixo aquí unha fermosa canción en grico: Kalinifta (gr. m. Καληνύχτα), "Boas noites", é só disfrutar da música e da letra -debaixo do video-, mesmo que non saibades o que di:

Sem comentários:

Enviar um comentário