quinta-feira, 21 de junho de 2012

Με μια ματιά - Felicità

Γιάννης Πλούταρχος e o incombustíbel Albano fan unha versión greco-italiana da clásica Felicità, claro que o di un e outro non é exactamente o mesmo. En fin, unha canción para o verán e, como sempre, a eufonía (bon sonido) da lingua grega.

sábado, 16 de junho de 2012

Dialang, para testares o teu nível de idiomas!

No site ://www.lancs.ac.uk/researchenterprise/dialang/about podes descarregar as aplicacións necesarias para faceres probas de todo tipo en moitos idiomas, incluído o grego moderno (non o intentes, bótalle unha olladela). Ferramenta moi útil para a preparación de exames. Ao acabares cada exercicio podes ver o resultado e tamén a calificación, de A1 a C2, segundo o Marco Común de Referencia.
É posible que non funcione á primeira, descarrega directamente a terceira opción: Click here!

segunda-feira, 11 de junho de 2012

Final do curso 2011-2012

Acaba o curso 2011-2012 e este blogue vaise de ferias. Non descarto introducir algunha novidade, no entanto é tempo de descanso.

Καλό καλοκαίρι!

sexta-feira, 1 de junho de 2012

O Apolo de Mantiklos

Acostumados como estamos ás estatuas dos deuses dos período clásico, helenístico e romano, seguro que nos sorprende unha das primeiras representacións de Apolo. Procede de Beocia e trátase dun exvoto ofrecido por Mantiklos ao deus para que lle conceda algunha petición non especificada.
A figura é de bronce e leva unha inscrición nas pernas en estilo bustrofedon, ou sexa, unha liña vai de esquerda á dereita e a seguinte de dereita á esquerda, igual que fai o boi (βοῦς) cando tira do arado e vira (στρέφω) ao chegar ao final.
De aspecto antropomórfico, mide uns 20 cm. e é de principios do século VII a.C., ou sexa do período arcaico, e naquela altura os gregos non eran aínda capaces de representar un corpo humano con estilo naturalista. A man esquerda está perforada, seguramente levase un arco.

A inscrición, en beocio arcaico, conserva aínda a digamma ϝ /w/, presenta τύ , ático σύ ou dativos de singular en -oι, ático -ῳ, etc.

Μάντικλος μ' ἀνέθηκε ϝεκαβόλοι ἀργυροτοξσοι τας δ' δεκάτας· τὺ δέ, Φοῖβε, δίδοι χαρίϝετταν ἀμοιβάν.

Mántiklos ofreceume como décimo a (Apolo) tirador do arco de prata. Tu, Febo, dame en troco algún favor.