Mostrar mensagens com a etiqueta gramática. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta gramática. Mostrar todas as mensagens

domingo, 28 de julho de 2013

Ligazón ao blogue ELLENIZO

Xa non está activo, no entanto contén unha morea de recursos e explicacións gramaticais e culturais do grego clásico. Unha ferramenta moi boa. Podes ver o seu enorme contido nas "Etiquetas" que están á esquerda da páxina: http://griegoclasico.blogspot.com.es/.


- Corre, Milú, que empeza a aula de grego!
- E logo poden entrar tamén os cachorros?

domingo, 9 de setembro de 2012

Grego antigo sen esforzo (Método Assimil)


Se queres divertirte e aprender, aquí che presento o método de Grego Antigo Assimil, para aprenderes sen moito esforzo e en cen leccións a lingua de Platón. O método pode descargarse en varios sitios. Debes buscalo así: Il greco antico senza sforzo (italiano) ou Le grec ancien sans peine (francés). O arquivo zip trae libro + CD de audio. Un xeito diferente de achegarte a esta fermosa e práctica lingua.

Ligazón ao libro:
http://es.scribd.com/doc/69488301/Assimil-Le-Grec-Ancien-Sans-Peine

quarta-feira, 2 de maio de 2012

(9) A matemática do grego

Nesta altura do curso penso que a maioría de vós xa sabe que o grego é unha lingua diferente das outras. A súa estrutura non é frecuente, as ideas colócanse por orde de importancia, extráense conclusións e causas das afirmacións enunciadas, e todo iso cun simple xogo de partículas ou conectores lóxicos: μέν ... δέ, οὖν, γάρ, e algún máis que irá aparecendo.
A "matemática" do grego tamén é visible no que agora vou explicar.

Estou seguro que xa sabedes o que significa o verbo λέγω e o substantivo ὁ λόγος, se vos fixades ben, as dúas palabras comparten raíz e só varía a vogal: λεγ-/λογ-. Estas alternancia vocálica ou apofonía, herdanza do indoeuropeo, permite ao grego crear vocablos case infinitamente. Hai varios tipos de alternancia e non todas as raíces admiten todas as posibilidades ou graos vocálicos (ε/ο/α/--). Vexamos exemplos:

βελ/βολ/βαλ/βλη lanzar
βέλος, βολή, ἔβαλον, βέβληκα
xavelina, disparo, eu lancei, eu teño lanzado

κλεπ/κλοπ/κλαπ roubar
κλέπτω, κλοπή, κλαπῆναι
eu roubo, o roubo, ser roubado

γεν/γον/γν nacer
γένεσις,γονεύς,γίγνομαι
nacemento, pai, eu nazo (chego a ser)

θανα/θαν/θν morrer
θάνατος, ἔθανον, θνητός
morte, eu morrín, mortal

φευγ/φυγ fuxir
φεύγω, φυγή
eu fuxo, fuxida

Este fenómeno fonético é moi frecuente no sistema verbal, pois simplemente variando a cantidade das vogais (longa/breve) cambiamos de singular a plural ou de indicativo a subxuntivo (cf. φησί/φασί).

(8) Participio de presente medio

Ademais do modo indicativo e imperativo e do infinitivo, xa estudados, os verbos teñen formas adxectivas ou participios. Acostuman usarse para modificar un substantivo:

ἡ Μυρρίνη ὁρᾷ τὸν ἄνδρα εἰς τὴν αὐλὴν εἰσερχόμενον.
Mirrine veo ao seu home entrando/que entra no patio.

Como é lóxico, o participio concerta no mesmo caso (acusativo), xénero (masculino) e número (singular) que a palabra á que modifica.

παύονται ἐργαζόμεναι.
Deixan de traballar.

Neste exemplo o participio completa o significado do verbo e concerta co suxeito implícito, un nominativo plural feminino: elas.

Os participio de presente medios fórmanse engadindo os sufixos -μενος, -μένη, -μενον e declínanse como καλός ή όν.

PRÁCTICA: Identifica e analiza o participio, mira con quen concerta. Traduce:

1. Οἱ δοῦλοι ἐργαζόμενοι ἐν τοῖς ἀγροῖς μάλα κάμνουσιν.
 2. Ὁ Φίλιππος βουλόμενος εἰσέρχεσθαι εἰς τὸ ἄστυ πείθει τὸν Δικαιόπολιν οὐ βουλόμενον.
3. Οἱ ἄνδρες ἐν τῇ ἀγορᾷ διαλεγόμενοι βλέπουσι πρὸς τὰς κόρας πορευομένας.
4. Ὁ Διόνυσος ἵλεώς ἐστι τοῖς τοὺς ἀγῶνας θεωμένοις.
(ἵλεως: favorable con + dat.)


sábado, 28 de abril de 2012

(7) Aoristos (Grego 2)

En tres páxinas, o resumo máis compacto e breve que son capaz de facer sobre este tema verbal. Sigmático, pasivo, temático e atemático: estes son os catro tipos posibles.
Aoristos
View more documents from depgrego.

sexta-feira, 27 de abril de 2012

Grego antigo para nenos


Coa pronuncia do grego moderno, preguntas e respostas en grego clásico sobre vocabulario básico visto na aula. Intenta entendelo todo, seguro que  o consegues!

segunda-feira, 23 de abril de 2012

Léxicos grego-español-grego

Lista de vocabulario con helenismos do profesor Ángel L. Gallego do IES Vegas Bajas de Montijo (Badajoz). Sen ser o mellor do mundo, pode ser útil tanto para a tradución como para a retroversión:



A seguinte ligazón lévanos a unha ampliación do anterior. É un traballo do profesor Juan Guillén Serrano do IES Santos Isasa de Montoro (Córdoba) e só presenta a opción grego-español:

Fala en grego: o método Polis Koiné

Desde Xerusalén e Roma, o profesor Christophe Rico propón un método oral para a aprendizaxe do grego koiné, ou sexa, do grego do Novo Testamento. É interesante ver e escoitar cómo os alumnos transforman de xeito natural oracións e verbos activos en medio-pasivos, responden a ordes do profesor ou describen o que outro está a facer, e sen utilizar a tradución (!), É só clicar en:

http://www.youtube.com/watch?v=wDE-7z66OHg&feature=related

A descrición e páxinas do tema 3 con audio en:

http://poliskoine.com/site/?lang=es

Selectividade (Grego 2)

Para comezar a practicar, deixo aquí a ligazón para os exames de selectividade de todas as comunidades autónomas. É posíbel que algunhas ligazóns non funcionen ou funcionen mal. Os exames da CIUGA vense perfectamente co Mozilla Firefox, tamén recomendo usalo se tedes problemas para ver ben o grego en calquera outra entrada.

http://www.chironweb.org/wiki/index.php/Selectividad:_griego

Recursos para o método ᾿Αθήναζε

O método que seguimos, A Atenas, dispón dunha morea de recursos elaborados por profesores, para utilizarlos é só clicar nas ligazóns seguintes:

http://athenaze.wikispaces.com/

 http://aliso.pntic.mec.es/agalle17/Athenazecast/Athenaze%20Greek%20Exercises.htm

Videos, exercicios, banda deseñada, etc... para facer máis amena a historia de Diceópole e da súa familia.

domingo, 22 de abril de 2012

(6) Gramática básica: o obxecto


Aquilo que recibe a “acción” do verbo é o obxecto, normalmente encontrámolo preguntado “que? a quen?”: ὁ Κλέαρχος ἔπαιον τοὺς στρατιώτας.
A quen lle pegaba Clearco? Obxecto:  τοὺς στρατιώτας “aos soldados”
O obxecto de verbo aparece en ACUSATIVO, XENITIVO ou DATIVO (na gramática que por aquí se estila fálase de Complemento Directo se vai en acusativo e de Suplemento se vai en xenitivo ou dativo). Dos verbos con acusativo ou transitivos non falarei porque son evidentes.
Con obxecto en xenitivo constrúense os verbos que significan lembrarse de, coidar de, participar de, comer/beber/tocar (unha parte) de, estar privado de, etc..., ou sexa máis ou menos os mesmos que nós construímos sempre coa axuda da preposición de, δέσποτα, μέμνησο τῶν Ἀθηναίων “Señor, lémbrate dos atenienses!”.
Con obxecto en dativo constrúense os verbos que significan unir, achegarse a, seguir a, parecerse a, etc..., ou sexa, os mesmos que nós construímos coa axuda da preposición a, φιλοσόφῳ ἔοικας, ὦ νεανίσκε “Mociño, pareces un filósofo!”
Moitos verbos constrúense con dous casos:
- con dous acusativos: οὐ τοῦτο σε ἐρωτῶ “Non che pregunto iso”.
- con acusativo e xenitivo: ἐπλήρωσε τὴν ὑδρίαν ὕδατος “Encheu a cántara de auga”.
- con acusativo e dativo: μωρία παρέχει ἀνθρώποις κακά “A necedade procura males aos homes”.
-con xenitivo e dativo: μετέχομεν ὑμῖν τῶν ἑορτῶν “Participamos convosco das festas”
Cando o obxecto só pode ser una palabra derivada do mesmo lexema que o verbo, como en “soñar un soño”, “camiñar un camino”, etc., aparece o adxectivo neutro plural en acusativo usado como adverbio: πόλις μεγάλα ζημιώσεται “A cidade pagará unha gran multa” (* a cidade será grande multada).
Cando o obxecto é un infinitivo, tradúcese por infinitivo ou coas conxuncións que ou para: ἔλεγον οὐκ εἶναι αὐτόνομοι “dicían que non eran autónomos”, οἱ στρατιῶται οὐκ ἐδύναντο καθεύδειν “os soldados non podían dormir”.

(5) Gramática básica: o suxeito


1.- Suxeito dun verbo, aquel do que se “predica” algo; normalmente encontrámolo preguntando “quen?”: Σωκρτης στ σοφς. Quen é sabio? Suxeito: Σωκρτης. O Suxeito vai en NOMINATIVO.
2.- Suxeito neutro plural (Ἀττικὴ σύνταξη), leva o verbo en singular:  Τ ζα τρχει, ou sexa, “Os animais corre(n)”. Na tradución colocaremos sempre o verbo en plural.
3.- Suxeito de verbos e expresións impersoais. Os verbos con significado “é necesario/posíbel, parece, etc.” (χρ, δε, ξεστι, δοκε, etc.) e de expresións de significado parecido (οἶόν στι, νγκη στ, χαλεπν στι, ξιν στι, etc.) levan como suxeito un INFINITIVO:  χρ μελετν. Que é necesario? Suxeito: μελετν “estudar”.
4.- Suxeito do infinitivo. En NOMINATIVO se é o mesmo que o do verbo conxugado: βούλομαι ἐλθεῖν εἰς τὴν Ἑλλάδα (ἐγὼ βούλομαι, ἐγὼ ἐλθεῖν) e en ACUSATIVO se é diferente: βούλομαί σε ἐλθεῖν εἰς τὴν Ἑλλάδα  “quero que tu vaias a Grecia” ou se se constrúe cos verbos e expresións impersoais da lista anterior: χρμε μελετᾶν “É preciso que (eu) estude/É preciso eu estudar”.

terça-feira, 17 de abril de 2012

(4) Aspecto verbal


O verbo, ademais de tempo (só no indicativo), serve para expresar unha categoría fácil de explicar e complicada de ver e de traducir nos textos: o aspecto. Aos propios gregos cústalles definilo porque para eles é algo intuitivo e pouco racional.
Para comezar, os gregos a este "accidente" do verbo non lle chaman aspecto senón διάθεσις ou "disposición", ou sexa, punto de vista do suxeito á hora de falar. E cando falamos podemos ter tres puntos de vista:

a) Ver a acción como algo duradeiro no tempo (---).
b) Ver a acción como algo puntual no tempo (x).
c) Ver a acción como un estado/resultado ( ) x.

Para cada unha delas o verbo grego posúe un radical ou tema: presente/aoristo/perfecto.

παύετε "ide parando" (imperativo de presente)
παύσατε "parade xa" (imperativo de aoristo)
πεπαυκότες ἔστε "estade quietos" (imperativo de perfecto)
Observa que o grego só necesita variar o radical do verbo! Cuestións de aspecto...



(3) Enunciado, enunciar, enunciando


Unha das dificultades desta lingua é buscar no dicionario e encontrar exactamente a palabra que necesitamos. Νο caso dos verbos é bastante fácil porque aparecen na 1ª de singular do presente de indicativo, e aquí hai poucas posibilidades: -ω (variantes contractas: -αω, -εω), -ομαι (variantes contractas: -αομαι -εομαι). Para substantivos e adxectivos a cousa é algo máis complicada, por iso É NECESARIO coñecer a declinación e pensar máis ou menos así:

a) Se se trata dun adxectivo procuraremos o seu nominativo masculino e o dicionario dará o resto dos xéneros tamén en nominativo sg., os números designan a declinación de cada xénero:

-ος -η -ον (2-1-2)
-ος -α -ον (2-1-2)
-ων -ον (3-3)
-ης -ες (3-3)
-υς -εια -υ (3-1-3)

Os irregulares deben ser coñecidos de memoria: πολύς πολλή πολύ, μέγας μεγάλη μέγα.

b) Nos substantivos buscaremos o seu nominativo de singular e iso non sempre é fácil.
1ª declinación: fem. (-α, -η), masc. (-ας, -ης)
2ª declinación: (-ος), neutr. (-ον)
3ª declinación: (-ς con variantes -Ψ, -ξ ou sen desinencia coa última vogal do tema alongada -ω, -η), neutr. (-μα, -oς, -υ )

E algo de intuición tamén é necesaria.

segunda-feira, 16 de abril de 2012

(2) Terceira declinación: alternancia vocálica

Moitas das palabras desta declinación están sometidas a unha variación de cantidade da última vogal do tema, ou sexa, presentan vogal longa no nominativo sg. e vogal breve no resto dos casos. Debes observar ben o enunciado para comprobares se hai alternancia ou non. Este fenómeno aparece noutros contextos en galego (durmo/dormes) ou en inglés (come/came).

Sen alternacia: 
ἀγν νος, ὁ
θρ θηρός, ὁ 

Con alternancia: 
δαίμων ονος, ὁ
λιμν νος, ὁ
γέρων oντος, ὁ
ῥήτωρ oρος, ὁ
τριήρης ους (εος), ἡ

Imaxina agora o proceso contrario: nun texto aparece a palabra τῇ ἀηδόνι e non sabes o seu significado. Que fas?
1.- Identificas o caso: dativo sg. ἀηδόν-ι.
2.- Identificas o tema: nasal ἀηδον-.
3.- Reconstrúes o nominativo sg.: ἀηδών.
4.- Procuras no dicionario e encontras: ἀηδών όνος, ἡ "reiseñor".
NUNCA pode haber un nominativo sg. masculino ou feminino da 3ª con vogal breve! Dos neutros desta declinación xa falaremos.

domingo, 15 de abril de 2012

(1) A temida 3ª declinación... é fácil!


Receita para declinar pola terceira:
1º.- Identificar o tema: o xenitivo despois de separar a desinencia -ος.
2º.- Aplicar o cadro xeral de desinencias. Os neutros non teñen desinencia no singular, no plural -α.
3º.- Ter coidado no nominativo de singular e no dativo plural, tenden a presentar a mesma alteración.
4º.- Moitas palabras están sometidas a alternancia na última vogal do tema: longa (nominativo sg.) e breve (resto dos casos): -ων, -οντα, -οντος, etc.

Observa agora o resultado no nominatino sg. e no dativo pl.:

Temas en consoante
- labial: -ψ / -ψι
- gutural: -ξ / -ξι
- dental: -ς /  -σι
- ν: -ν / -σι
- ρ: -ρ / -ρσι (-ρασι)
- ντ: -ων / -ουσι, -ας / -ασι, -εις / -εισι
- ς: -ς / -εσι
Temas en vogal (xenitivo sg.-ως)
-ευ: -ευς / -ευσι
-ι: -ις / -εσι
Temas neutros
-en dental (-μα / -μασι)
-sigma (-ος / -εσι)
-vogal (-υ / -εσι)