domingo, 22 de abril de 2012

(5) Gramática básica: o suxeito


1.- Suxeito dun verbo, aquel do que se “predica” algo; normalmente encontrámolo preguntando “quen?”: ὁ Σωκράτης ἐστὶ σοφός. Quen é sabio? Suxeito: ὁ Σωκράτης. O Suxeito vai en NOMINATIVO.
2.- Suxeito neutro plural (Ἀττικὴ σύνταξη), leva o verbo en singular:  Τὰ ζῷα τρέχει, ou sexa, “Os animais corre(n)”. Na tradución colocaremos sempre o verbo en plural.
3.- Suxeito de verbos e expresións impersoais. Os verbos con significado “é necesario/posíbel, parece, etc.” (χρή, δεῖ, ἔξεστι, δοκεῖ, etc.) e de expresións de significado parecido (οἶόν ἐστι, ἀνάγκη ἐστί, χαλεπόν ἑστι, ἄξιόν ἐστι, etc.) levan como suxeito un INFINITIVO:  χρὴ μελετᾶν. Que é necesario? Suxeito: μελετᾶν “estudar”.
4.- Suxeito do infinitivo. En NOMINATIVO se é o mesmo que o do verbo conxugado: βούλομαι ἐλθεῖν εἰς τὴν Ἑλλάδα (ἐγὼ βούλομαι, ἐγὼ ἐλθεῖν) e en ACUSATIVO se é diferente: βούλομαί σε ἐλθεῖν εἰς τὴν Ἑλλάδα  “quero que tu vaias a Grecia” ou se se constrúe cos verbos e expresións impersoais da lista anterior: χρή με μελετᾶν “É preciso que (eu) estude/É preciso eu estudar”.

Sem comentários:

Enviar um comentário