O verbo, ademais de tempo (só no indicativo), serve para expresar unha categoría fácil de explicar e complicada de ver e de traducir nos textos: o aspecto. Aos propios gregos cústalles definilo porque para eles é algo intuitivo e pouco racional.
Para comezar, os gregos a este "accidente" do verbo non lle chaman aspecto senón διάθεσις ou "disposición", ou sexa, punto de vista do suxeito á hora de falar. E cando falamos podemos ter tres puntos de vista:
a) Ver a acción como algo duradeiro no tempo (---).
b) Ver a acción como algo puntual no tempo (x).
c) Ver a acción como un estado/resultado ( ) x.
Para cada unha delas o verbo grego posúe un radical ou tema: presente/aoristo/perfecto.
παύετε "ide parando" (imperativo de presente)
παύσατε "parade xa" (imperativo de aoristo)
πεπαυκότες ἔστε "estade quietos" (imperativo de perfecto)
Observa que o grego só necesita variar o radical do verbo! Cuestións de aspecto...
Sem comentários:
Enviar um comentário