Mostrar mensagens com a etiqueta léxico. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta léxico. Mostrar todas as mensagens

domingo, 28 de julho de 2013

Orixes africanas da cultura

Segundo a teoría de Martín Bernal (Black Athena, 1987), as orixes da civilización grega estarían en Exipto e no mundo semítico (fenicios). Os antigos mitos parecen probar esta tese: Cadmo, que trouxo o alfabeto, era fenicio, as Danaides proceden de Exipto, Heródoto fala varias veces de influencias orientais.
Eu, pola miña banda e cos mínimos coñecementos de árabe que posúo, investiguei un pouco e atopei algunhas probas aparentes da orixe semítica dalgunhas palabras comúns e dalgúsn topónimos. Curiosamente se se consulta un dicionario de grego, este termos aparecen etiquetados como "de orixe descoñecida".

Velaquí algúns exemplos:

νέκταρ néctar(niqtar "viño perfumado")
φάσγανον puñal(psg "cravar"
βωμός altar (bamah "altar")
ἀμβροσία ambrosía (mbr "ámbar")
κόσμος universo (ksam "dividir")

Na toponimia aparecen paralelos máis evidentes:

Σᾶμος (samin "alto, elevado")
Θῆβαι(têbab "arca")
Μυκῆναι (mahaneh "campamento")
Μέγαρα (m'ar "cova")



Ligazón ao blogue ELLENIZO

Xa non está activo, no entanto contén unha morea de recursos e explicacións gramaticais e culturais do grego clásico. Unha ferramenta moi boa. Podes ver o seu enorme contido nas "Etiquetas" que están á esquerda da páxina: http://griegoclasico.blogspot.com.es/.


- Corre, Milú, que empeza a aula de grego!
- E logo poden entrar tamén os cachorros?

domingo, 9 de setembro de 2012

Grego antigo sen esforzo (Método Assimil)


Se queres divertirte e aprender, aquí che presento o método de Grego Antigo Assimil, para aprenderes sen moito esforzo e en cen leccións a lingua de Platón. O método pode descargarse en varios sitios. Debes buscalo así: Il greco antico senza sforzo (italiano) ou Le grec ancien sans peine (francés). O arquivo zip trae libro + CD de audio. Un xeito diferente de achegarte a esta fermosa e práctica lingua.

Ligazón ao libro:
http://es.scribd.com/doc/69488301/Assimil-Le-Grec-Ancien-Sans-Peine

sábado, 28 de julho de 2012

Sintagma: documentario sobre a crise grega



Magnífico documentario sobre a crise grega. Terrible e deseperado, no entanto podemos ao mesmo tempo repasar moito do vocabulario visto durante o ano académico: a tradución española vai por cima do grego e é posíble escoitar palabras como: πόνος, δρόμος, πολύ, μεγάλα, ἄνθρωποι, etc., etc.

quarta-feira, 9 de maio de 2012

Música para aprender: Ξεκινάει μια ψαροπούλα

Ξεκινάει μια ψαροπούλα "Sae unha dorna", cantada e interpretada ao estilo orixinal das κουμπανίες de música rebética do comezo do século XX, unha canción moi fermosa  "νησιώτικο", ou sexa, "insular ou das illas", que nos fala da saída ao mar dunha dorniña, tripulada por mozos (παληκάρια), para pescar esponxas, corais e pérolas. Unha oportunidade para coñeceres algunha illas gregas: Hidra, Kalymnos, Poros, Egina, Spetses. Visítaas na wikipedia, é só escribires o seu nome!

O verso que se repite:  απ' το γιαλό é a pronuncia moderna da frase clásica ἀπὸ τοῦ αἰγιαλοῦ, ou sexa, "desde a praia".

quinta-feira, 3 de maio de 2012

Calendario grego

τ δ πμπτ κα δεκτ τει, π Ξρυσδος ν ργει ττε πεντκοντα δυον δοντα τη ερωμνης κα Ανησου φρου ν Σπρτ κα Πυθοδρου τι δο μνας ρχοντος θηναοις (Tucídides II, 2)
cando facía corenta e oito anos que Críside era sacerdotisa en Argos, e Enesias era éforo en Esparta e a Pitodoro aínda lle quedaban dous meses de arcontado en Atenas...
Para indicar con precisión a data do comezo da Guerra do Peloponeso (431 a.C.), o historiador Tucídides utiliza os sistemas cronolóxicos das tres cidades máis importantes: Argos, Esparta e Atenas. Que nos indica este dato? Que cada polis seguía un sistema propio para datar os anos, baseado no nome dos maxistrados que detentaban o poder. No caso de Argos, era a sacerdotisa da deusa Hera, en Esparta e en Atenas, éforo e arconte epónimos (=que dan o nome ao ano), elixidos anualmente.
Existía porén a posibilidade de datar os anos tendo en conta os ciclos olímpicos de catro anos. O ano 776 a.C., ano da primeira Olimpiada, era considerado o ano 1 entre os gregos e os anos computábanse desde aí. Para convertir en anos da nosa era unha data en "olimpiadas" segue a fórmula: 

776 - (a x 4 + b)
 batalla de Salamina:1º ano da 75º olimpiada, polo tanto, 74 olimpiadas
 776 - (74 x 4 + 0) = 776 - 296 = 480 a.C.


a = número de olimpiadas.
b = anos pasados desde a última olimpiada

En Atenas, o ano constaba de doce meses lunares de 29 e 30 días alternativamente, o que daba un ano de 354 días. Para corrixiren a distancia de 11 días con respecto do ciclo solar intercalaban un mes cada dous anos. Isto fai absolutamente imposible establecer una correspondencia exacta entre o calendario ático e o noso. Conforme as estacións do ano, estes eran os meses, os seus nomes e a equivalencia aproximada cos nosos. A ano comezaba no equinoccio de outono (22/23 de setembro):
Meses de verán
κατομβαιν “das hecatombes” (xullo)
Μεταγειτνιών “das mudanzas” (agosto)
Βοηδρομιν “da carreira en axuda” (setembro)
Meses de outono
Πυανεψιν “do puré de legumes” (outubro)
Μαιμακτηριν “do mal tempo” (novembro)
Ποσειδεν “de Poseidón” (decembro)
Mes intercalar: Ποσειδεν Δετερος: de Poseidón 2º (decembro-xaneiro)
Meses de inverno
Γαμηλιν “das vodas” (xaneiro)
νθεστηριν “das flores” (febreiro)
λαφηβολιν “da caza de cervos” (marzo)
Meses de primavera
Μουνιχιν “(de Ártemis) de Muniquía” (abril)
Θαργηλιν “das festas Targuélias” (maio)
Σκιροφοριν “do porta-parasol” (xuño)
Os nomes son curiosísimos e fan referencia á natureza (Μαιμακτηριν, νθεστηριν) a festas relixiosas (κατομβαιν, Βοηδρομιν, Ποσειδεν, Μουνιχιν, Θαργηλιν, Σκιροφοριν)  a costumes (Μεταγειτνιών, Γαμηλιν, λαφηβολιν) e mesmo a alimentos típicos da época (Πυανεψιν).

quarta-feira, 2 de maio de 2012

(9) A matemática do grego

Nesta altura do curso penso que a maioría de vós xa sabe que o grego é unha lingua diferente das outras. A súa estrutura non é frecuente, as ideas colócanse por orde de importancia, extráense conclusións e causas das afirmacións enunciadas, e todo iso cun simple xogo de partículas ou conectores lóxicos: μέν ... δέ, οὖν, γάρ, e algún máis que irá aparecendo.
A "matemática" do grego tamén é visible no que agora vou explicar.

Estou seguro que xa sabedes o que significa o verbo λέγω e o substantivo ὁ λόγος, se vos fixades ben, as dúas palabras comparten raíz e só varía a vogal: λεγ-/λογ-. Estas alternancia vocálica ou apofonía, herdanza do indoeuropeo, permite ao grego crear vocablos case infinitamente. Hai varios tipos de alternancia e non todas as raíces admiten todas as posibilidades ou graos vocálicos (ε/ο/α/--). Vexamos exemplos:

βελ/βολ/βαλ/βλη lanzar
βέλος, βολή, ἔβαλον, βέβληκα
xavelina, disparo, eu lancei, eu teño lanzado

κλεπ/κλοπ/κλαπ roubar
κλέπτω, κλοπή, κλαπῆναι
eu roubo, o roubo, ser roubado

γεν/γον/γν nacer
γένεσις,γονεύς,γίγνομαι
nacemento, pai, eu nazo (chego a ser)

θανα/θαν/θν morrer
θάνατος, ἔθανον, θνητός
morte, eu morrín, mortal

φευγ/φυγ fuxir
φεύγω, φυγή
eu fuxo, fuxida

Este fenómeno fonético é moi frecuente no sistema verbal, pois simplemente variando a cantidade das vogais (longa/breve) cambiamos de singular a plural ou de indicativo a subxuntivo (cf. φησί/φασί).

sexta-feira, 27 de abril de 2012

Grego antigo para nenos


Coa pronuncia do grego moderno, preguntas e respostas en grego clásico sobre vocabulario básico visto na aula. Intenta entendelo todo, seguro que  o consegues!

Música para aprender: Σκουλουκούιν



O grego da illa de Chipre conserva arcaismos notables na morfoloxía e presenta características foneticas que o aproximan ao grico do Sur de Italia e ao dialecto de Creta. O isolamento e afastamento con respecto do modelo continental, fixo que estas tres formas de grego non recibisen as innovacións que si sufriu o grego de Grecia. Os medios de comunicación igualan cada vez máis as diferenzas e hoxe as pronuncias de καί/κι  como τζιε/τζι,  θκιο por δύο ou αρφή por ἀδελφή son percibidas como propias de xente rústica ou pouco alfabetizada. 
Sexa como for, a sonoridade do grego de Chipre é moi agradábel e a historia, un conto para nenos, é a seguinte: un día de chuvia unha nena encontra no patio (αυλή) unha miñoca (σκουλουκούιν). Cóllea e métea nunha garrafa. Chega a irmá, ve o que está a facer e vaillo contar ao pai, a nena decide facer un buraco na terra e meter alí a miñoca para evitar problemas.
O texto presenta moitas formas verbais de pasado (aoristo), algunhas do grego clásico, desaparecidas en grego moderno: ἔβρεξεν (choveu), ἔπιασα (collín), ἦλθεν/ήρτεν (veu), εἶπεν (dixo), ἔδωκεν (deu), etc.

Έβρεξεν μες την αυλή μου
τζιε έπαιζα με τα πηλά,
τζι είδα μέσα που το χώμα θκιο ματούθκια γελαστά.
Ήταν ένα σκουλουκούι τζι ήταν όπως την κλωστήν,
ήβρεν μιαν μιτσιάν τρυπούαν
τζιε επροσπάθαν να χωστεί

Σκουλουκούιν,σκουλουκούιν πού πάεις χωρίς βρακούιν
Έμπα μέσα στη φουλιά σου
μεν πονήσεις τα λαιμά σου.

Έπιασα το που το νούρο το φιλούι το μιτσί
έπαιξα λλίο μητά του τζι έκλεισα το στο ποτσί.
Τζι ήρτεν έσσο η αρφή μου τζι
έμπηξεν τες παουρκές.
Είπεν το τζιε του τζιρού μου
τζι έδωκεν μου πατσαρκές.

Σκουλουκούιν, σκουλουκούιν
εν να σγάψω ένα λουκκούιν
μες τη λάντα να σε χώσω τον πελάν
για να γλιτώσω

Σκουλουκούιν,σκουλουκούιν πού πάεις χωρίς βρακούιν
Έμπα μέσα στη φουλιά σου
μεν πονήσεις τα λαιμά σου!

quinta-feira, 26 de abril de 2012

O grego dos xitanos

Mulleres e nenos rom de Macedonia (Grecia)
As poboacións coñecidas cos nomes de xitanos, ciganos, cíngaros, gypsies -eles, porén, chámanse a si mesmos rom, sinti, manuches ou calés- encóntranse espalladas por todos os países de Europa e de América. Partiron do Noroeste da India -e non podemos dicir a razón- hai uns mil anos e chegaron a Europa a partir do século XIV. Estas poboacións nómades pasaron por Persia, Turquía e Grecia, onde se estableceron un longo período de tempo. Pensa que o nome de "xitano" procede de "exiptano", mais non de Exipto, senón da rexión do Peloponeso, daquela coñecida como Exipto o Menor. Dispersáronse despois e a súa lingua diversificouse en contacto coas diversas linguas dos países nos que se asentaron. Trátase dunha lengua ide., da rama indoirania, como o sánscrito, o hindi, o bengalí ou o persa.


Hai comunidades xitanas en todos os países de Europa, no entanto, polo seu nomadismo secular, é imposible saber cantas persoas en cada país falan algunha variedade de romaní. Sen norma escrita e fragmentada en múltiples variedades, o romaní é a única lingua que, sendo falada en moitos territorios, non é considerada lingua nacional de ningún país.
Do seu paso polos territorios de lingua grega do Imperio Bizantino, entre os século XII e XIV, ficaron no léxico romaní moitísimas palabras de orixe grega de moitos campos semánticos: oficios, numerais, cultura material, gastronomía, etc. Eis algúns dos máis de douscentos préstamos gregos que se poden encontrar nos distintos dialectos rom:

drom (δρόμος), chartas (χαλκεύς), wágora (ἀγορά), chirus (καιρός), kris (κρίσις), eftá (ἑπτά), trianda (τριάκοντα), selene (σελήνη), ulejo (ἔλαιον), parastovin (παρασκευή), klidí (κλείς κλειδός), drosia (δρόσος).

camiño, ferreiro, mercado, tempo, xustiza, sete, trinta, verde (lúa), aceite, venres (gr. clásico: preparación), chave, rosa (orballo).

Un exemplo pouco coñecido, tamén polos propios rom, da presenza do grego.

quarta-feira, 25 de abril de 2012

Música para aprender: Τσιγάρο εγώ στο στόμα μου δεν έβαλα ούτε ένα.



Para practicar vocabulario frecuente e pronomes persoais, a historia dunha non fumadora que, ao ver o fumo, lembra ao seu amante vinte anos despois, e promete comezar a fumar caso volte a velo. Pola súa saúde, case mellor que non volte a encontralo!



Τσιγάρο εγώ στο _______  _____ δεν έβαλα ούτε ένα
αλλά όταν ______ τον καπνό σκέφτομαι μόνο εσένα

Τα χείλη σου, τα χέρια σου, η ανάσα κι η _______ μου
καπνός μπήκε στα μάτια μου και κλαίω απ' τη χαρά μου

Τα δάκρυα είναι της χαράς, τα δάκρυα και της λύπης
είκοσι χρόνια πέρασαν και μόνο ε___   ____ λείπεις.

Φωτιά ____ δε ζήτησα, ποτέ από κανένα
τον _______ μόνο γύρναγα και έψαχνα για σένα.

Όταν ____ βρω, _____  _____ δω, _____  _____ συναντήσω
το ______
 το τσιγάρο μου μαζί σου θα καπνίσω.

Φωτιά από τα χέρια ____ θα πάρω και θ' ανάψω
και τότε όχι απ' τον _______, μα απ' τον καημό θα κλάψω.

Τα δάκρυα είναι της _______, τα δάκρυα και της λύπης
είκοσι χρόνια πέρασαν και μόνο εσύ μου λείπεις.

segunda-feira, 16 de abril de 2012

Música para aprender: Ελεφαντάκι



O elefantiño, unha canción infantil para practicares vocabulario. Intenta recoñecer as seguintes palabras: teño, catrocentos vinte, sobe, ceo, foxe, bebe, son idénticas ás do grego clásico. Sen moito esforzo poderás recoñecer tamén os lexemas clásicos de: pequeno, elefante, sete, etc.

Έχω ένα μικράκι, ελεφαντάκι
τετρακόσια είκοσι κιλά
τρώει εφτά κασόνια, μακαρόνια
κι όλο κάνει τούμπες και γελά

Όταν ανεβαίνει στην τραμπάλα
με πετάει ψηλά, στον ουρανό
κι όποτε βουτάει στην πισίνα
φεύγει από μέσα το νερό !

Έχω ένα μικράκι, ελεφαντάκι
τετρακόσια είκοσι κιλά
πίνει εφτά κουβάδες, λεμονάδες
κι όλο κάνει τούμπες και γελά

Παίζουμε τ' απόγευμα στον κήπο
τρέξιμο και μπάλα και κρυφτό
κι ύστερα στο μπάνιο μου πετάει
με την προβοσκίδα το νερό

Έχω ένα μικράκι, ελεφαντάκι
τετρακόσια είκοσι κιλά
θέλει κόπο μα, θα βρω τον τρόπο
να το πάρω κάποτε αγκαλιά !!