Moitas das palabras desta declinación están sometidas a unha variación de cantidade da última vogal do tema, ou sexa, presentan vogal longa no nominativo sg. e vogal breve no resto dos casos. Debes observar ben o enunciado para comprobares se hai alternancia ou non. Este fenómeno aparece noutros contextos en galego (durmo/dormes) ou en inglés (come/came).
Sen alternacia:
ἀγών ῶνος, ὁ
θήρ θηρός, ὁ
Con alternancia:
δαίμων ονος, ὁ
λιμήν ένος, ὁ
γέρων oντος, ὁ
ῥήτωρ oρος, ὁ
τριήρης ους (εος), ἡ
Imaxina agora o proceso contrario: nun texto aparece a palabra τῇ ἀηδόνι e non sabes o seu significado. Que fas?
1.- Identificas o caso: dativo sg. ἀηδόν-ι.
2.- Identificas o tema: nasal ἀηδον-.
3.- Reconstrúes o nominativo sg.: ἀηδών.4.- Procuras no dicionario e encontras: ἀηδών όνος, ἡ "reiseñor".
NUNCA pode haber un nominativo sg. masculino ou feminino da 3ª con vogal breve! Dos neutros desta declinación xa falaremos.
Sem comentários:
Enviar um comentário