O Museo Arqueolóxico Nacional (MAN) de Madrid está en obras desde hai un tempo, no entanto é posíbel ver unha parte da colección titulada Tesouros do MAN. As vitrinas 7 e 8 (selecciona abaixo nos puntos amarelos) mostran cerámica grega clásica de moi boa calidade e de varios tipos: ánfora, cratera, lutróforo, hidria, lécito, etc. Na vitrina 8 hai tamén moedas. Se escolles unha das pezas ábrese unha ficha explicativa e podes agrandar a imaxe. Ao redor outras marabillas arqueolóxicas íberas e tartésicas.
Sem comentários:
Enviar um comentário