sexta-feira, 4 de maio de 2012

Exipcios, gregos e romanos: os retratos de El Fayum

Retrato da momia dunha moza, séc. II, Louvre, París.
Na antiga provincia romana de Exipto, o distrito de El Fayum, zona agrícola riquísima pola canalización das augas do Nilo, habitada por exipcios, gregos e romanos, deu ao mundo un dos regalos arqueolóxicos máis sorprendentes: varios centos de retratos funerarios sobre táboa, técnica de pintura tipicamente grega. Non deixa indiferente ollar estes rostros de hai dous mil anos, que destacan pola xuventude, a beleza, as xoias e o atavío.

Sem comentários:

Enviar um comentário