quinta-feira, 17 de maio de 2012

A chama olímpica


Acaba de acenderse a chama no antigo santuario de Olimpia, para agora percorrer Grecia e ser transportada a Londres para a celebración dos Xogos. Este ritual non é antigo, foi introducido na época moderna. Non sei ata que punto son verídicas as danzas, o que si é verdade é que o público está situado na pista e os actores e bailarinos actúan no que foron os asentos do antigo estadio. A "sacerdotisa" realiza unha plegaria aos deuses clásicos. Sempre é agradábel escoitar o grego, lingua aberta e clara, sen afectacións de pronuncia nin cousas parecidas.

Sem comentários:

Enviar um comentário