segunda-feira, 7 de maio de 2012

Biblioteca grega básica: Dafnis e Cloe

Co título de Biblioteca grega básica, desde este blogue quero comentar e recomendar semanalmente algunhas lecturas de obras clásicas da Literatura grega, nun tempo en que a lista de lecturas obrigatorias anda un bocado dispersa e confundida. A ver se nos centramos e nos paramos no realmente importante.
En xeral recomendo edicións en castellano (en galego hai moi poucas, son caras e non sempre boas) da Biblioteca Básica Gredos (BBG), cuxos prezos van dos 12 aos 15 euros por libro. Estes títulos poden ser facilmente encontrados nunha biblioteca pública minimamemte dotada, mesmo noutras edicións. Aquí deixo a ligazón da BBG para que botedes un ollo aos títulos, se vos apetece:


O libro de hoxe é Dafnis e Cloe de Longo, unha novela do séc. II a.C. que narra o amor de dous pastores no medio dunha natureza idílica cunha dose xusta de erotismo.

Sem comentários:

Enviar um comentário