Inauguramos unha sección nova: Viaxe ao Mundo Grego. Desde aquí iremos visitando diferentes puntos do Mediterráneo con presenza grega. Comezamos con Panticapeia, a actual Kersh, en Crimea, no mar de Azov, no fondo do Ponto Euxino (Mar Negro).
Panticapeia foi fundada polos gregos de Mileto no século VI a.C. e foi famosa polo cereal e a pesca, base dunha industria de produtos salgados, incluso o seu nome parece significar "camiño dos peixes" en lingua escita. Atenas sempre necesitou cereal para se alimentar e sabemos que a metade do que se consumía anualmente era importado desde a rexión de Panticapea. Posteriormente a rexión comezou a declinar pola competencia co trigo exipcio e polas loitas constantes cos sármatas.
Cidade de clima moi frío, conseguiu, porén, gran desenvolvemento económico e cultural como o demostran as escavacións e os restos encontrados nela.
Corren malos tiempos para la antigua tierra de los Tauros. Otros han tomado el relevo de los sármatas.
ResponderEliminar