quinta-feira, 24 de outubro de 2013

Voces do pasado

Na seguinte ligazón, unha serie de videos para escoitar o sonidos de linguas antigas coma o exipcio, o acadio, o gótico, o grego antigo ou o latín. O texto grego é o principio do Evanxeo de Xoán, que aquí vos deixo tamén para practicardes a lectura:

http://actualidad.rt.com/cultura/view/107059-idioma-sonar-lengua-muerta-escuchar


ΚΑΤΑ ΙΩΑΝΝΗΝ
ΕΥΑΓΓΕΛΙΟΝ


1  Ἐν ἀρχῇ ἦν ὁ λόγος,
καὶ ὁ λόγος ἦν πρὸς τὸν θεόν,
καὶ θεὸς ἦν ὁ λόγος.
2  οὗτος ἦν ἐν ἀρχῇ πρὸς τὸν θεόν.
3  πάντα δι᾽ αὐτοῦ ἐγένετο,
καὶ χωρὶς αὐτοῦ ἐγένετο
οὐδὲ ἕν. ὃ γέγονεν
4  ἐν αὐτῷ ζωὴ ἦν,
καὶ ἡ ζωὴ ἦν τὸ φῶς τῶν ἀνθρώπων·
5  καὶ τὸ φῶς ἐν τῇ σκοτίᾳ φαίνει,
καὶ ἡ σκοτία αὐτὸ οὐ κατέλαβεν.
6  Ἐγένετο ἄνθρωπος ἀπεσταλμένος παρὰ θεοῦ, ὄνομα αὐτῷ Ἰωάννης· 7  οὗτος ἦλθεν εἰς μαρτυρίαν, ἵνα μαρτυρήσῃ περὶ τοῦ φωτός, ἵνα πάντες πιστεύσωσιν δι᾽ αὐτοῦ. 8  οὐκ ἦν ἐκεῖνος τὸ φῶς, ἀλλ᾽ ἵνα μαρτυρήσῃ περὶ τοῦ φωτός.
9  Ἦν τὸ φῶς τὸ ἀληθινόν,
ὃ φωτίζει πάντα ἄνθρωπον,
ἐρχόμενον εἰς τὸν κόσμον.
10  ἐν τῷ κόσμῳ ἦν,
καὶ ὁ κόσμος δι᾽ αὐτοῦ ἐγένετο,
καὶ ὁ κόσμος αὐτὸν οὐκ ἔγνω.
11  εἰς τὰ ἴδια ἦλθεν,
καὶ οἱ ἴδιοι αὐτὸν οὐ παρέλαβον.
12  ὅσοι δὲ ἔλαβον αὐτόν,
ἔδωκεν αὐτοῖς ἐξουσίαν
τέκνα θεοῦ γενέσθαι,
τοῖς πιστεύουσιν εἰς τὸ ὄνομα αὐτοῦ, 13  οἳ οὐκ ἐξ αἱμάτων οὐδὲ ἐκ θελήματος σαρκὸς οὐδὲ ἐκ θελήματος ἀνδρὸς ἀλλ᾽ ἐκ θεοῦ ἐγεννήθησαν.
14  Καὶ ὁ λόγος σὰρξ ἐγένετο
καὶ ἐσκήνωσεν ἐν ἡμῖν,
καὶ ἐθεασάμεθα τὴν δόξαν αὐτοῦ,
δόξαν ὡς μονογενοῦς παρὰ πατρός,
πλήρης χάριτος καὶ ἀληθείας.
15  Ἰωάννης μαρτυρεῖ περὶ αὐτοῦ καὶ κέκραγεν λέγων, Οὗτος ἦν ὃν εἶπον, Ὁ ὀπίσω
μου ἐρχόμενος ἔμπροσθέν μου γέγονεν, ὅτι πρῶτός μου ἦν.
16  ὅτι ἐκ τοῦ πληρώματος αὐτοῦ
ἡμεῖς πάντες ἐλάβομεν,
καὶ χάριν ἀντὶ χάριτος·
17  ὅτι ὁ νόμος διὰ Μωϋσέως ἐδόθη, ἡ χάρις καὶ ἡ ἀλήθεια διὰ Ἰησοῦ Χριστοῦ ἐγένετο. 18  θεὸν οὐδεὶς ἑώρακεν πώποτε· μονογενὴς θεὸς ὁ ὢν εἰς τὸν κόλπον τοῦ πατρὸς ἐκεῖνος ἐξηγήσατο.

sábado, 19 de outubro de 2013

Viaxe ao Mundo Grego: Panticapeia (Kersh. Ucrania)

Inauguramos unha sección nova: Viaxe ao Mundo Grego. Desde aquí iremos visitando diferentes puntos do Mediterráneo con presenza grega. Comezamos con Panticapeia, a actual Kersh, en Crimea, no mar de Azov, no fondo do Ponto Euxino (Mar Negro).


Panticapeia foi fundada polos gregos de Mileto no século VI a.C. e foi famosa polo cereal e a pesca, base dunha industria de produtos salgados, incluso o seu nome parece significar "camiño dos peixes" en lingua escita. Atenas sempre necesitou cereal para se alimentar e sabemos que a metade do que se consumía anualmente era importado desde a rexión de Panticapea.  Posteriormente a rexión comezou a declinar pola competencia co trigo exipcio e polas loitas constantes cos sármatas.
Cidade de clima moi frío, conseguiu, porén, gran desenvolvemento económico e cultural como o demostran as escavacións e os restos encontrados nela.

domingo, 28 de julho de 2013

Orixes africanas da cultura

Segundo a teoría de Martín Bernal (Black Athena, 1987), as orixes da civilización grega estarían en Exipto e no mundo semítico (fenicios). Os antigos mitos parecen probar esta tese: Cadmo, que trouxo o alfabeto, era fenicio, as Danaides proceden de Exipto, Heródoto fala varias veces de influencias orientais.
Eu, pola miña banda e cos mínimos coñecementos de árabe que posúo, investiguei un pouco e atopei algunhas probas aparentes da orixe semítica dalgunhas palabras comúns e dalgúsn topónimos. Curiosamente se se consulta un dicionario de grego, este termos aparecen etiquetados como "de orixe descoñecida".

Velaquí algúns exemplos:

νέκταρ néctar(niqtar "viño perfumado")
φάσγανον puñal(psg "cravar"
βωμός altar (bamah "altar")
ἀμβροσία ambrosía (mbr "ámbar")
κόσμος universo (ksam "dividir")

Na toponimia aparecen paralelos máis evidentes:

Σᾶμος (samin "alto, elevado")
Θῆβαι(têbab "arca")
Μυκῆναι (mahaneh "campamento")
Μέγαρα (m'ar "cova")



Ligazón ao blogue ELLENIZO

Xa non está activo, no entanto contén unha morea de recursos e explicacións gramaticais e culturais do grego clásico. Unha ferramenta moi boa. Podes ver o seu enorme contido nas "Etiquetas" que están á esquerda da páxina: http://griegoclasico.blogspot.com.es/.


- Corre, Milú, que empeza a aula de grego!
- E logo poden entrar tamén os cachorros?