segunda-feira, 30 de julho de 2012

Cinematógrafo: Ποτέ την Κυριακή (Nunca aos domingos)


E agora o filme que, nos anos 60, deu a coñecer Grecia ao resto de Europa. O seu tema principal (Τα παιδιά του Πειραιά, Os nenos do Pireu) é das cancións máis coñecidas do mundo. Unha comedia que retrata o espírito dos gregos: un norteamericano decide investigar a evolución de Grecia desde o pasado clásico ao século XX, no entanto no camiño encontra unha marabillosa e excéntrica muller, Ília, que entrega o seu amor a todos os que chegan ao porto do Pireu, claro que ela nunca traballa aos domingos. Un retrato cómico e serio da forma de ser dos gregos modernos, que aínda se emocionan coa música e o baile e con Eurípides ou Sófocles.
Para buscala en español, o seu título é "Nunca en domingo".

Sem comentários:

Enviar um comentário