sábado, 14 de julho de 2012

Cinematógrafo: Πολίτικη κουζίνα (Un toque de canela)


Abrimos unha nova sección no blogue: Cinematógrafo. Desde aquí iránse recomendando filmes gregos ou que se desenvolvan en Grecia. O primeiro é Un toque de canela, fermosísimo filme sobre a vida dos últimos gregos de Istambul, antes e despois da expulsión de Turquía cando o confilcto de Chipre. A historia dunha vida. Para vela seguro que vós sabedes onde encontrala.

(O seu título orixinal significa "cociña de Constantinopla", pensa que para os gregos bizantinos e modernos Constantinópolis é a gran πόλις; de feito o topónimo Istambul procede da frase εις την Πόλιν, istinbolin, segundo a pronunca moderna, ou sexa, "á Cidade").

1 comentário:

  1. así a ollo de boa cubeira diría que estas aletas van kenindiola...a peli témola na biblioteca da uvigo, ver catálogo
    http://www.perseo.biblioteca.uvigo.es/search*spi/?searchtype=X&searchscope=3&searcharg=un+toque+de+canela&SORT=D&buscar.x=52&buscar.y=11

    ResponderEliminar