sexta-feira, 27 de julho de 2012

Cinematógrafo: Topkapi

Divertidísima comedia de policías e ladróns protagonizada por Melina Mercuri e Peter Ustinov. A pesar de contar xa con medio século, segue a ser entretida e permite deleitarnos con fermosas imaxes do norte de Grecia e da cidade de Istambul. A historia é simple: un grupo de ladróns pretende roubar unha preciada xoia do tesouro do palacio de Topkapi. O trailer en inglés dá unha boa idea do que imos ver. Encontrala seguro que é fácil nalgunha páxina de descargas.

Sem comentários:

Enviar um comentário