sábado, 4 de agosto de 2012

Cinematógrafo: Mediterráneo (de Gabriele Salvatores)



Especificamos o director no título por ser demasiado xenérico. Un filme dos anos 90 que conta a peripecia dun grupo de soldados italianos encargados de ocupar unha illa grega. Os nazis alemáns, aliados cos fascistas italianos e búlgaros, ocuparon Grecia entre 1941 e 1945. Voltemos ao filme: os soldados italianos desembarcan nunha illa deserta e pronto comprenden que a guerra ten outra cara. Divertida comedia con fermosa banda sonora. O filme obtivo moitos premios. Espero que sexa fácil de localizar, ata hai pouco tempo era frecuente nos videoclubes. Atención ao fragmento que deixo: ao desembarcaren encontran un grafiti nun muro vello Η ΕΛΛΑΣ ΕΙΝΑΙ Ο ΤΑΦΟΣ ΤΩΝ ΙΤΑΛΩΝ, a ver se sabes o que significa!

Sem comentários:

Enviar um comentário