domingo, 9 de setembro de 2012

Grego antigo sen esforzo (Método Assimil)


Se queres divertirte e aprender, aquí che presento o método de Grego Antigo Assimil, para aprenderes sen moito esforzo e en cen leccións a lingua de Platón. O método pode descargarse en varios sitios. Debes buscalo así: Il greco antico senza sforzo (italiano) ou Le grec ancien sans peine (francés). O arquivo zip trae libro + CD de audio. Un xeito diferente de achegarte a esta fermosa e práctica lingua.

Ligazón ao libro:
http://es.scribd.com/doc/69488301/Assimil-Le-Grec-Ancien-Sans-Peine

sábado, 8 de setembro de 2012

Biblioteca básica grega: Corazón de Ulises. Unha viaxe grega


Javier Reverte percorre Grecia e o Mediterráneo oriental para contarnos e explicarnos as paisaxes, as xentes e a historia das terras que visita. Unha viaxe literaria aos lugares onde comezou a ser Europa.
O libro foi editado hai xa algúns anos, por iso é fácil de encontrar en edicións baratas, de segunda man, ou mesmo descarregalo gratis en pdf.

terça-feira, 4 de setembro de 2012

A batalla das Termópilas


Famoso episodio das Guerras Médicas que enfrontaron a gregos e persas no 480 a.C. Conflicto aínda sen resolver se se pensa nas disputas constantes entre Occidente, capitaneado polos EUA e o oriental Irán, ou sexa, os persas modernos.

quinta-feira, 30 de agosto de 2012

Cociña grega: Tzatziki


O mollo máis habitual para a carne grellada consiste nunha mestura de iogurte grego con pepino, allo, sal e aceite. O máis importante é que os pepinos sexan de bo sabor e que fiquen ben espremidos entre as mans despois de relalos. Un tzatziki con exceso de mollo de pepino é un desastre. Nunca se debe usar a batedeira para mesturar os ingredientes. Para finalizar debe de espolvillarse por cima un pouco de endro ou aneto (gr.άνηθος, esp. eneldo).

sábado, 25 de agosto de 2012

Cociña grega: Musaka de berinxelas



Unha receita fácil que precisa de algo de paciencia. Se á carne se lle engade algo de canela, obtense o verdadeiro sabor de Oriente. A ter en conta dúas cousas:

a) As berinxelas poden facerse na grella do forno e non fritalas para que non absorban demasiado aceite.

b) A carne co tomate debe quedar case seca.

quinta-feira, 23 de agosto de 2012

Alexandre O Grande (Ο Μέγας Αλέξανδρος)


Figura indispensable para entender o mundo grego, Alexandre o Grande, en español Alejandro Magno, conseguiu coas súas conquistar unificar por primeira e única vez o Occidente e o Oriente. A súa historia nun documentario da BBC de aproximadamente unha hora.

terça-feira, 21 de agosto de 2012

Το άγιο όρος - O Monte Atos (O Monte Sagrado)


No norte de Grecia, na península máis oriental da Calcídica, esa terra en forma de garfo, fica un lugar único no mundo: unha república monástica habitada exclusivamente por monxes. Deixo un video que mostra esa forma de vida medieval e extemporánea.

quinta-feira, 16 de agosto de 2012

Θέλω κοντά σου να μείνω Quero ficar perto de você



Unha das moitas boas cancións de Eleuthería Arvanitaki.

Δε ζω χωρίς εσένα ούτε λεπτό
Αγάπη μου της μοίρας ήταν γραφτό.

Θέλω κοντά σου να μείνω
Θέλω σκιά σου να γίνω
Κάθε πληγή ν' απαλύνω
Που σε πονά...

Τα βλέφαρά μου να κλείνω
Να με φιλάς και να σβήνω
Θέλω κοντά σου να μείνω
Παντοτινά...!

Σε νιώθω, σε λατρεύω και σε ποθώ
Κι αν κάποτε σε χάσω θα τρελαθώ.

Θέλω κοντά σου να μείνω
Θέλω σκιά σου να γίνω
Κάθε πληγή ν' απαλύνω
Που σε πονά...

Τα βλέφαρά μου να κλείνω
Να με φιλάς και να σβήνω
Θέλω κοντά σου να μείνω
Παντοτινά...!


Experimenta o seguinte: copia no tradutor do google o texto grego e pásao para o portugués, o resultado é case perfecto!

quinta-feira, 9 de agosto de 2012

Biblioteca grega básica: Historia dos gregos (Indro Montanelli)


En múltiples edicións baratas, en todas as bibliotecas, en todas partes hai espazo para este clásico da Historia de Grecia, obra do italiano Indro Montanelli que con máis de 50 anos nas librarías, continúa a ser de lectura moi amena. Recomendable tamén a versión romana do mesmo autor: Historia de Roma.

terça-feira, 7 de agosto de 2012

Respostas de exames da ESO en Grecia


Recibo de Grecia unha escolma de respostas de exames de alumnos de γυμάσιο, ou sexa, da ESO grega, aqui deixo algunha coa tradución: se non è vero, è ben trovato!

Ο Λεωνίδας και οι Τριακόσιοι του ηττήθηκαν, γιατί οι Θερµοπύλες ήτανε
πολυπληθέστεροι σε αριθµό. (γυµνάσιο Αθήνας)

Leónidas e os Trescentos foron derrotados, porque os Termópilas eran moitísimos máis en número. (Atenas)


Την Οδύσσεια της έγραψε ο Οδυσσέας. Την Ιλιάδα ο Ιλιάδης. (γυµνάσιο Λαµίας)
A Odisea escribiuna Odiseo, a Ilíada Iliado. (Lamía)


Πρωτεύουσα της Κεϋλάνης είναι η Λιπτον Τι. (γυµνάσιο Αθήνας)
A capital de Ceilán é Té Lipton (Lipton Tee). (Atenas)

Ενεργητική φωνή: Κυνηγάω τον λαγό.
Παθητική φωνή: Ο λαγός µε κυνηγάει. (γυµνάσιο Κορίνθου)

Voz activa: Cazo unha lebre.
Voz pasiva: A lebre cázame. (Corinto)

Οι ßηταµίνες ßρίσκονται ακριßώς ανάµεσα από τις αλφαµίνες και τις
γαµαµίνες. (γυµνάσιο Θεσσαλονίκης)

As vitaminas encóntranse exactamente entre as alfaminas e as gamaminas.
(En grego moderno a letra beta pronúnciase vita). (Tesalónica)

Ο Κουστώ είναι ένας σύγχρονος Οδυσσέας, αλλά που δεν κατοικούσε στην
Ιθάκη, και για το λόγο αυτό οι περιπέτειές του δεν λέγονται Οδύσσειες,
αλλά Κουστωδίες". (γραπτό υποψηφίου για την Σχολή Αστυνοµίας).

Cousteau é un moderno Ulises, no entanto non vivía en Ítaca, por esa razón as súas aventuras no se chaman Odiseas, sino Custodias. (escrito por un candidato á Academia de Policía).