domingo, 22 de abril de 2012

Mira e dime o que ves!

Na miña teima por ensinarvos a mirar, aqui vos presento unha pintura sobre madeira, procedente dunha gruta de Sición, que data da segunda metade do séc. VI a.C. Mira, volta a mirar e poderás aprender moitas cousas sobre os ritos dun sacrificio, que, neste caso concreto, estaba adicado ás Ninfas.


Lecturas: moedas

Óbolos, dracmas, minas, talentos, cabalos, tartarugas e coruxas. Que relación hai entre unhas e outras? Le e descubre o misterio...
Moedas
View more documents from depgrego.

Menú ateniense

Venda de atún
 Ao medio día os gregos facían una comida rápida (ἄριστον), podían merendar pola tarde (ἑσπέρισμα), mais a comida principal era a cea (δεῖπνον), ao solpor. Os gregos baseaban a súa alimentación nos cereais, pois con cebada facían tortas (μάζα) e con trigo bolas e barras (ἄρτος, σῖτος). Acompañaban o pan con alimentos sólidos (ὄψον): legumes, cebolas, aceitunas, queixo, carne, peixe e froita, claro que se atendemos á evolución da palabra ὄψον, que en grego moderno dá ψάρι “peixe”, podemos imaxinar que o peixe grellado ou salgado era o compango máis frecuente, sobre todo na cidade, cuxo mercado de peixe era dos máis abastados e onde se podían encontar sardiñas, bocartes, atún, mariscos e moluscos, sepia, luras, polbo, etc.
Gamba, ameixoas, cazón, solla e brema
Feixóns e lentellas comíanse en puré. Allos, queixo e cebolas eran alimentos propios de soldados e pouco apreciados polos espíritos refinados, que os achaban groseiros e monótonos. As aceitunas eran moi abundantes na Ática. A carne era cara, excepto a de porco, por iso a maioría dos atenienses só comía carne os días de festa, cando se celebraba un sacrificio, porque unha vez queimados os osos e a graxa aos deuses, grellábase o resto e repartíase entre os asistentes: os gregos xa facían churrasco! Como é lóxico no campo a variedade era maior pois a cría de animais fornecíaos de aves, años, cabritos e porcos, así como coellos, lebres, etc. procedentes da caza menor.
Antes como agora, os doces tiñan como base o mel, moi abundante no monte Himeto, por falarmos no caso de Atenas. Consumíase tamén moita froita fresca ou seca, especialmente figos, noces e uvas.
O fragmento seguinte, tirado d' As Rás do comediógrafo Aristófanes, preséntanos un menú grego, un bocado esaxerado por ser para Heracles, que tiña fama de lambón:
Voltaches, meu querido Heracles! Entra, porque a deusa, mal soupo da túa chegada, púxose a cocer pan, arrimou dúas ou tres potas de puré de legumes, mandou asar un boi enteiro, ten no forno pasteis ..., mais non permitirei que te vaias agora que che ten preparado un guiso de carne, roscas e viño con mel.

quinta-feira, 19 de abril de 2012

Tradución inversa

Producir mensaxes orais e escritos é o obxectivo principal de aprendermos unha lingua, sexa cal for. En grego clásico tamén podemos facer este tipo de práctica. Do libro de A. Sigdwick, A first Greek writer, publicado en Londres en 1893, aqui vos deixo os catro primeiros exercicios, que, como é evidente, están en inglés. Unha práctica óptima para mellorares a túa competencia en grego e na lingua τῶν Βρετανίδων νήσων!

quarta-feira, 18 de abril de 2012

Amor desde o alén: Anfarete e o seu neto


Sempre me impresionou esta estela funeraria do Museo do Cerámico pola súa carga emocional. Ademáis de textos dos grandes autores como Platón, Esquilo ou Tucídides, en grego tamén se escribiron cousas como esta, que nos achega ao sentir cotiá dos atenienses de hai 2.500 anos. A datación da estela sitúaa entre o 430 e o 420 aC., ou sexa, no principio da Guerra do Peloponeso. Non sabemos por que morreron a avoa e mais o neto, no entanto podemos imaxinar que foron vítimas da peste do ano 429, a mesma que tamén deu cabo de Pericles.

Na cornixa da estela pódese ler o seguinte epitafio:

                   Τέκνον ἐμῆς θυγατρὸς τόδ’ ἔχω φίλον, ὅμπερ ὅτ’ αὐγὰς
                      ὄμμασιν ἠελίο ζῶντες ἐδερκόμεθα
          ἔχον ἐμοῖς γόνασιν καὶ νῦν φθίμενον φθιμένη’ χω

Aquí teño o fillo da miña filla, meu queridiño,
ao que tiña nos meus xeonllos,
mentres estabamos vivos e viamos a luz do sol,
agora, morto, continúo a telo eu, que tamén estou morta.

Conmovedor!

Literatura: Arquíloco, Alceo e Safo (Grego 2)

Lírica
View more documents from depgrego.

Modelo de exame (Grego 2)

Aqui vos deixo un modelo de exame do segundo ano de grego. É o da segunda avaliacion do curso 2011-2012, no entanto todos serán parecidos a partir do próximo curso, pois contarán cos mesmos apartados: tradución con dicionario (6 puntos), sintaxe (0'5 puntos), morfoloxía (0'5 puntos), léxico e helenismos (1 punto) e cuestión teórica (2 puntos).

Presentación: Neoclasicismo. O gusto "à la grecque"

Presentación: Os deuses nas moedas


View more documents from depgrego.

De museos




Para unha visita na distancia, eis unha colección de ligazóns dos principais museos de Grecia. Todas teñen versión en inglés, no caso do Museo Benaki hai tamén versión en español.

Museo da Acrópole

Museo Arqueolóxico Nacional
http://www.namuseum.gr/

Museo Benaki

Museo de Arte Cicládica

Museo Bizantino de Tesalónica

Museo de Arte Popular Grega