Γιάννης Πλούταρχος e o incombustíbel Albano fan unha versión greco-italiana da clásica Felicità, claro que o di un e outro non é exactamente o mesmo. En fin, unha canción para o verán e, como sempre, a eufonía (bon sonido) da lingua grega.
quinta-feira, 21 de junho de 2012
Με μια ματιά - Felicità
sábado, 16 de junho de 2012
Dialang, para testares o teu nível de idiomas!
No site ://www.lancs.ac.uk/researchenterprise/dialang/about podes descarregar as aplicacións necesarias para faceres probas de todo tipo en moitos idiomas, incluído o grego moderno (non o intentes, bótalle unha olladela). Ferramenta moi útil para a preparación de exames. Ao acabares cada exercicio podes ver o resultado e tamén a calificación, de A1 a C2, segundo o Marco Común de Referencia.
É posible que non funcione á primeira, descarrega directamente a terceira opción: Click here!
terça-feira, 12 de junho de 2012
Exame de selectividade: xuño 2012
segunda-feira, 11 de junho de 2012
sexta-feira, 1 de junho de 2012
O Apolo de Mantiklos
Acostumados como estamos ás estatuas dos deuses dos período clásico, helenístico e romano, seguro que nos sorprende unha das primeiras representacións de Apolo. Procede de Beocia e trátase dun exvoto ofrecido por Mantiklos ao deus para que lle conceda algunha petición non especificada.
A figura é de bronce e leva unha inscrición nas pernas en estilo bustrofedon, ou sexa, unha liña vai de esquerda á dereita e a seguinte de dereita á esquerda, igual que fai o boi (βοῦς) cando tira do arado e vira (στρέφω) ao chegar ao final.
De aspecto antropomórfico, mide uns 20 cm. e é de principios do século VII a.C., ou sexa do período arcaico, e naquela altura os gregos non eran aínda capaces de representar un corpo humano con estilo naturalista. A man esquerda está perforada, seguramente levase un arco.
A inscrición, en beocio arcaico, conserva aínda a digamma ϝ /w/, presenta τύ , ático σύ ou dativos de singular en -oι, ático -ῳ, etc.
Μάντικλος μ' ἀνέθηκε ϝεκαβόλοι ἀργυροτοξσοι τας δ' δεκάτας· τὺ δέ, Φοῖβε, δίδοι χαρίϝετταν ἀμοιβάν.
Mántiklos ofreceume como décimo a (Apolo) tirador do arco de prata. Tu, Febo, dame en troco algún favor.
Etiquetas:
arte,
declinación,
epigrafía
Subscrever:
Mensagens (Atom)