quinta-feira, 1 de maio de 2014

OPTATIVAS DE BACHARELATO

Aqui vos deixo un estudo breve das ponderacións para o ano 2014. Lembrade que  a fase específica, a que puntúa 0'1 ou 0'2 non é obrigatoria, dependerá de ti e da carreira que queiras seguir.

Como se pode ver (en vermello as opcións menos presentes en cada bacharelato), non parece lóxico combinar ao chou as materias, senón combinar aquelas que maior relación teñan cos nosos estudos futuros.

Lembrade tamén que para acceder a Ciclos Superiores, podes facelo con calquera opción, só precisas o Título de Bacharelato.

BACHARELATO DE CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS:

20 ESPECIALIDADES OU CARREIRAS

        

Economía de empresa: 0’2 en 13 especialidades

Literatura Universal: 0’2 en 6 especialidades

Latín II: 0’2 en 4 especialidades (Políticas, Dereito, Xeografía       e Xornalismo)

Grego II: 0’2 en 1 especialidade (Xornalismo)





BACHARELATO DE ARTES E HUMANIDADES:

19 ESPECIALIDADES OU CARREIRAS



Latín II: 0’2 en 18 especialidades

Historia da Arte: 0’2 en 18 especialidades

Grego II: 0’2 en 14 especialidades

Literatura Universal: 0’2 en 14 especialidades

Economía de empresa: 0’2 en 2 especialidades (Difusión Cultural e Tradución)

Ligazón á páxina da CIUGA: http://ciug.cesga.es/

As carreiras do bacharelato de Humanidades teñen notas de corte entre os 5 e os 6 puntos, hai incluso algunha que non ten nota de corte; no de Ciencias Socias, só o Dereito presenta notas de corte que van do 6'5 ao 7'2. Educación Infantil , Primaria e Social poden chegar ata o 8, no entanto Grego, Latín e Economía puntúan só 0'1.

Escolle as optativas que máis che apetezan, estuda o que che gusta e procura a túa felicidade. E que non te mareen...!



Sem comentários:

Enviar um comentário