domingo, 4 de novembro de 2012

O guerreiro (?) de Armea

Eis unha mensaxe que ten pouco que ver con Grecia, con todo, e pola súa importancia, debe ser publicada nalgunha parte antes de que outro se adiante e diga que foi el quen a descubriu.
Trátase dunha raedeira, unha peza de pedra para esfolar animais, aparecida nas recentes excavacións (xullo de 2012) no castro de Armea, en Santa Mariña de Augas Santas. Non vou entrar en moitos de talles por agora. O importante é que aparece petrografada unha figura colocada diante dunha árbore e acompañada duns signos que nós interpretamos como grafías, cousa que sería unha novidade polo mesmo feito de encontrar algo escrito no ámbito do mundo castrexo ou galaico-romano, e por dar nome á figura, un deus claramente céltico, cousa que tamén daría a volta a moitas teorías. Vexamos unha imaxe, unha fotogradía tirada sobre o painel informativo colocado na zona:


A imaxe é de moi má calidade, con todo é a única de que dispoñemos. A esquerda logo se observan tres signos que, cuando comparados con outros semellantes da escritura ibérica permítenos afirmar o seguinte:



O primeiro signo representa /l/, o segundo representa a sílaba /ki/ ou /gi/, e o terceiro é o fonema /s/. Polo tanto, concluímos como primeira apoximación, que estamos ante a teónimo: L-GI-S, ou sexa, LUGIS, forma local do teónimo xeral céltico LUGH, divindade solar (observamos raios solares na cabeza), asociada aos bosques sagrados (a árbora simbolizaría un bosque) e armado de lanza e tirafunda. Ben, por agora esta rápida aproximación.

Sem comentários:

Enviar um comentário